Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2024 | Actualizada ás 12:43
'Anicamento', 'teito de cristal', 'cultura da cancelación', 'birimbao' ou 'escaleta' son algunhas das novas entradas que foron incorporadas na última actualización do Dicionario da Real Academia Galega (RAG).
O Seminario de Lexicografía da Academia sumou unhas 40 voces novas ao glosario oficial da lingua galega, ao que tamén se engadiron novas acepcións de palabras e melloras na redacción doutra vientena de vocábulos e expresións.
Entre as novas palabras están 'agachamento' e 'anicamento', que en castelán corresponden ao exercicio físico da sentadilla, consistente en flexionar e estender as pernas coa columna vertebral recta.
Tamén se suman outras voces relacionadas co mundo do deporte como 'haltere', que degina a barra de discos, ou 'vólei', que xa figura no dicionario como sinónimo de 'voleibol' e 'balónvolea'.
'Escaleta', guión detallado que se usa na realización de programas audiovisuais, e 'esgrafiado', técnica decorativa que consiste en practica incisiones cun estilete nunha superficie deixando á vista a capa inferior, son outras das palabras técnicas que se incorporan ao dicionario, ao que se engaden tamén 'birimbao' ou 'trompa galega'.
NOVAS EXPRESIÓNS
No apartado de frases e expresións figuran como novidades que a lema 'teito' úsase como locución sustantiva de 'teito de cristal' para referirse a a barreira invisible que impide a unha persoa ou unha minoría alcanzar determinados postos de relevancia.
Tamén se suma a 'cultura' o fraseoloxismo 'cultura de cancelación', que consiste na retirada de apoio moral, financeiro ou social a persoas ou organizacións por determinados comentarios ou accións.
Ademais, o dicionario da RAG engade cambios nas acepcións de 'comadre', ás que se incorpora o significado de muller coa que se ten máis trato ou confianza e se establece unha relación de amizade, apoio mutuo ou compañía. Esta foi a acepción recoñecida como 'palabra do ano' na votación popular da RAG en 2022.
Doutra banda, 'cónxuxe' pasa a definirse como cada unha das persoas dun matrimonio e 'consorte' adapta a súa redacción para respectarse a diversidade, algo que tamén ocorre co termo 'autismo'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.